Blogia
Andresadas

Hitch. Especialista en ligues

Hitch. Especialista en ligues Podemos atopar nas nosas salas de cine, o novo filme de Will Smith, a última comedia que realizou o actor norteamericano, titulado Hitch. Especialista en ligues. A historia desenvólvese na cidade estadounidense por excelencia, Nova Iorque.

Pola metrópolis ronda un mito, un rumor, que ninguén disipa, nen ninguén sabe se é certo , ¿ Existe o Doutor Love? En efeito existe. El é Alex Hitch ( Will Smith), un home que axuda a aqueles que non conseguen atraer á muller desexada, ideando planos, usando tácticas de sedución e tentando dárlle posibilidades a aqueles que probabelmente non as terían. Tódolos seus clientes saíron vitoriosos, pero de súpeto ao Doutor Love aparécelle todo un reto. El é Albert Brenamann ( interpretado por Kevin James), un obeso contable que está tolamente namorado da súa xefa, unha muller rica, famosa e coñecida por toda a sociedade dos Estados Unidos. Ela chámase Allegra Cole ( a actriz é Amber Valletta), e case nin se dá de conta de que el existe. Como outros, Albert decide contratar os servizos de Hitch, o que acepta o reto coma unha tolémia.

Mentres tanto, Hitch, na sua típica rolda polos whisky bars da cidade, coñece a Sara Melas( interpretada por Eva Mendes), unha xornalista especialista en prensa rosa e que rexenta a sección de cotilleos, e Hitch cos seus xeitosos dotes de conquistador consegue unha cita con ela. A medida que pasa o tempo se van coñecendo mellor e mellor e... , ¿ O que? ¿ que conte mais? Non, non, iso seria sacárlle a previsibilidade á historia, ainda que admito que é menor do que esperaba... , ¿ Que pasa co gordiño e a ricachona? ¿ Logran conxeniar? Non é o tipo de filme que recomendaría ir ver, ainda que é unha comedia simpática e por outra parte, orixinal, xa que moitos dos detalles de humor non os esperas. É un filme comercial, non trata de mandar nengunha mensaxe nen de transmitir un pensamento ou sentimento. Tan só trata de contentar ao público cunha película romántica ( para asi atraer ás parelliñas) e de humor ( para que vaia todo aquel que queira pasar un bo anaco rindo).

En resumo, a historia trata de mostrar o complicado e desquiciante que ás veces pode resultar para un home lograr conquistar a unha muller que desexa. Ainda que a moralexa da historia ( ainda que isto non sexa unha fábula), é que cada un debe actuar tal e como el é, e desde entón para conquistar á muller que queres, debes seguir o que che dite o corazón. Acábovos de amolar parte do filme, pero agora fícavos por saber como descobre Hitch que o seu traballo, en moitas ocasións, foi realizado en van.

A imaxe da muller neste filme é como a do grande descoñecido, é dicir , ¿ En que pensan as mulleres? ¿ Hai forma de entendelas ? Moitos homes plantexáronse esta pregunta en máis dunha ocasión, e é un grande dilema para todo aquel que está namorado e trata de seducir á muller que quere. No filme non se trata de mostrar unha imaxe denigrante da muller, senón que trata de explicar algunhas cousas, pequenos detalles que no fondo, desde o meu punto de vista, non sei se darán resultado. Ficareime cunha frase do filme, citado polo propio protagonista, Hitch:
" Debes ter duas cousas: chulería e cháchara, xa que senón, non hai chatis."
¿ Que opinades vós?

DADOS INTERESANTES DO FILME

Dirección: Andy Tennant.
País: USA.
Ano: 2005.
Duración: 122 min.
Xénero: Comédia romántica.
Interpretación: Will Smith (Alex "Hitch" Hitchens), Eva Mendes (Sara Melas), Kevin James (Albert Brennaman), Amber Valletta (Allegra Cole), Michael Rapaport (Ben), Adam Arkin (Max Trundle), Julie Ann Emery (Casey), Kevin Sussman (Neil), Robinne Le (Cressida), Nathan Le Graham (Geoff), Jeffrey Donovan (Vance), Paula Patton (Mandy).
Guión: Kevin Bisch.
Producción: James Lassiter, Will Smith e Teddy Zee.
Música: George Fenton.
Fotografia: Andrew Dunn.
Montaxe: Troy Takaki e Tracey Wadmore-Smith.
Deseño de producción: Jane Musky.
Dirección artística: Patricia Woodbridge.
Vestiário: Marlene Stewart.
Estreo en USA: 11 Febreiro 2005.
Estreo en España: 4 Marzo 2005

0 comentarios